En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:
Solicitante: Amma Desarrollos Urbanos, S.L.
DNI: ***6004**.
Expediente: DH.W15.109506.
Lugar: rúa Brasil, s/n.
Parroquia: Arteixo (Santiago).
Concello: Arteixo (A Coruña).
Descrición das actuacións:
As obras solicitadas consisten na execución das obras reflectidas no proxecto «Anexo obras de urbanización. Proxecto de agrupación e segregación en Meicende».
A documentación pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na r/ Vicente Ferrer, 2, 9º andar (15008) da Coruña.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 2 de setembro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
