A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou, con data do 12 de xuño de 2025, acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal deste acordo, non foi posible a súa práctica.
Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no Complexo Administrativo San Caetano; Edificio nº 3, 2º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025
Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural
ANEXO
Procedemento sancionador: S-P-11.25 Pontevedra (Pontevedra).
DNI/CIF da persoa interesada: B09815895.
Acto notificado: acordo de incoación de procedemento sancionador.
