DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de setembro de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.12251 e catorce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo da persoa interesada ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.12251 e catorce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data do acordo

DH.A15.12251

Enrique Grandal Robles e Francisco Pita Iglesias

29.7.2025

DH.A27.03235

José V. Cociña López

29.7.2025

DH.A36.6599

Generoso Ismael Martínez Silva

29.7.2025

DH.A36.6763

Manuel González Castro

29.7.2025

DH.A36.5253

Hermantina Gamallo Gamallo

29.7.2025

DH.A15.13315

Jesusa Insua Cores

29.7.2025

DH.A36.7255

Comunidade de Usuarios de Silvoso

29.7.2025

DH.A15.09731

José Manuel Senra Capelo

29.7.2025

DH.A15.9080

Comunidade de Usuarios de Fonte de Campeliño

29.7.2025

DH.A15.6448

Carmen Míguez Rey

29.7.2025

DH.A15.8338

Desiderio Calo Pérez

29.7.2025

E-1188-C

Ramón Rodríguez Núñez

29.7.2025

DH.A15.09836

Jesús López de Rego Stolle e outros

29.7.2025

DH.A15.19664

Fausto García García

29.7.2025

DH.A15.21876

José Brandariz Ferreiro

29.7.2025