A presente resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.
Unha vez finalizado os procesos selectivos e acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos por parte das persoas aspirantes, co obxecto de adxudicarlles destinos definitivos, convócanse a este acto de elección, pola orde que figura na presente resolución, ás persoas aspirantes que superaron os seguintes procesos selectivos:
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de minas.
Pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) convocouse o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñaría técnica, especialidade de enxeñaría técnica de minas.
Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia; no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e para o ingreso nas categorías 3, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Esta consellería, seguindo o disposto nas respectivas bases das convocatorias,
DISPÓN:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos e que son emprazadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución. As persoas aspirantes elixirán as prazas ao subgrupo ao que acceden e de conformidade co indicado no anexo II desta resolución.
Dado que no presente acto de elección coexisten varios procesos selectivos correspondentes a varias ofertas de emprego publico, así como os procesos selectivos extraordinarios de estabilización da Lei 20/2021 convocados polo sistema de concurso e polo sistema de concurso oposición, a orde para a elección de destino, efectuarase de acordo cos seguintes criterios:
1º. A orde para a elección de destino virá determinada pola data de publicación das convocatorias dos procesos selectivos, de xeito que as convocatorias mais antigas terán preferencia sobre as mais recentes.
2º. Nos procesos coa mesma data de convocatoria terán prioridade as persoas convocadas para o acto de elección de destino da especialidade de enxeñaría de minas (subgrupo A1), sobre as persoas convocadas para o acto de elección da especialidade de enxeñaría técnica de minas (subgrupo A2).
3º. Nos procesos que haxa persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna que deban elixir posto, terán prioridade sobre aquelas que accedan pola quenda de acceso libre sempre que se trate do mesma convocatoria do proceso selectivo.
Terceiro. As persoas aspirantes de cada unha das especialidades soamente poderán elixir os postos que figuran no anexo II para a súa especialidade.
Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación do proceso selectivo.
No prazo máximo de dous (2) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no teléfono 881 99 98 83, para que se lle faciliten os datos necesarios.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de cinco (5) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico ao que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao seu expediente electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do subgrupo ao que accede.
2º. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto na disposición terceira, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Neste sentido, as persoas que a soliciten por prestar servizos noutra Administración deberán presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos no mesmo prazo previsto na disposición terceira.
Non obstante, exclúese desta opción ás persoas aspirantes que figuran na relación de aprobados dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021 xa que, de conformidade co disposto no artigo 11.2 da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas que adquiran a condición de persoal funcionario de carreira ou de persoal laboral fixo como consecuencia dos procesos selectivos previstos na dita lei, deberán permanecer en servizo activo na devandita escala, corpo ou categoría un mínimo de dous anos desde a toma de posesión antes de concedérselles excedencia por interese particular ou por prestación de servizos no sector público.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan. No suposto de que escolla un número de prazas inferior ao da posición que ocupa no proceso, as persoas aspirantes que cumpran os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público; o que deberán de manifestar mediante a presentación dunha solicitude por escrito e no mesmo prazo previsto na disposición terceira, á que deberán achegar tanto a copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados no sistema electrónico debidamente asinada como, no caso de solicitala por prestar servizos noutra Administración, a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos.
Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado; ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino e non cumpran os requisitos para ser declarados en excedencia; ou non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.
Sétimo. Todas as comunicacións que formulen as persoas aspirantes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Servizo de Selección (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela). Para isto, deberán empregar o modelo co código PR004A previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia na dirección https://sede.xunta.gal; ou ben presentarán a documentación nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función do subgrupo ao que se accede e a orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
A adxudicación definitiva de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/procesos-selectivos/eleccion-destino
Decimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que deben participar na elección de postos
Especialidades de enxeñaría de minas (subgrupo A1) e de enxeñaría técnica de minas (subgrupo A2).
|
Nº orde elección destino |
Nº orde proceso selectivo |
NIF |
Apelidos e nome |
Proceso selectivo |
Convocatoria |
Acceso |
|
1 |
4 |
***1366** |
Colmenero Guzmán, Manuel Aurelio |
Enxeñaría de minas |
2022 |
Promoción interna |
|
2 |
1 |
***4436** |
Menéndez Secades, Pablo |
Enxeñaría de minas |
2022 |
Libre |
|
3 |
2 |
***9422** |
Negreira Pazos, María Teresa |
Enxeñaría de minas |
2022 |
Libre |
|
4 |
3 |
***1539** |
Barros Moure, Iago |
Enxeñaría de minas |
2022 |
Libre |
|
5 |
1 |
***4295** |
López de la Fuente, Begoña |
Enxeñaría técnica de minas |
2022 |
Libre |
|
6 |
1 |
***3493** |
Costa Novoa, Sonia |
Enxeñaría de minas-concurso |
2022 |
Libre |
|
7 |
2 |
***3036** |
Ovalle Fernández, Ignacio |
Enxeñaría de minas-concurso |
2022 |
Libre |
|
8 |
3 |
***8646** |
Villaverde Sedano, Alberto |
Enxeñaría de minas-concurso |
2022 |
Libre |
|
9 |
4 |
***1995** |
Alonso Vila, César |
Enxeñaría de minas-concurso |
2022 |
Libre |
|
10 |
5 |
***2324** |
Álvarez Mateo, Montserrat |
Enxeñaría de minas-concurso |
2022 |
Libre |
|
11 |
1 |
***9759** |
García Blanes, Antonio Lucas |
Enxeñaría técnica de minas-concurso |
2022 |
Libre |
ANEXO II
Prazas ofertadas
Especialidades de enxeñaría de minas (subgrupo A1) e de enxeñaría técnica de minas (subgrupo A2).
|
Nº |
Código |
Nome |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Adscr. |
Nivel |
|
1 |
EIC991000027001083 |
Enxeñeiro/a de Funcións Facultativas |
EC |
Xefatura Territorial Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A1 |
26 |
|
2 |
EIC040000215770008 |
Enxeñeiro/a de Funcións Facultativas |
EC |
S. X. de Recursos Minerais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
3 |
EIC991000032001073 |
Enxeñeiro/a técnico/a de Funcións Facultativas |
EC |
Xefatura Territorial Ourense |
Servizos periféricos |
Ourense |
A2 |
22 |
|
4 |
EIC991000027001081 |
Enxeñeiro/a de Funcións Facultativas |
EC |
Xefatura Territorial Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A1 |
26 |
|
5 |
EIC991000036001042 |
Enxeñeiro/a técnico/a de Funcións Facultativas |
EC |
Xefatura Territorial Pontevedra |
Servizos periféricos |
Pontevedra |
A2 |
22 |
|
6 |
EIC040000015770039 |
Enxeñeiro/a técnico/a de Funcións Facultativas |
EC |
D. X. de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Santiago de Compostela |
A2 |
22 |
|
7 |
EIC040000215770006 |
Enxeñeiro/a de Funcións Facultativas |
EC |
S. X. de Recursos Minerais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
|
8 |
EIC991000032001063 |
Enxeñeiro/a de Funcións Facultativas |
EC |
Xefatura Territorial Ourense |
Servizos periféricos |
Ourense |
A1 |
26 |
|
9 |
EIC991000015001134 |
Enxeñeiro/a técnico/a de Funcións Facultativas |
EC |
Xefatura Territorial A Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
A2 |
22 |
|
10 |
EIC991000027001105 |
Enxeñeiro/a técnico/a de Funcións Facultativas |
EC |
Xefatura Territorial Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A2 |
22 |
|
11 |
EIC040000215770005 |
Enxeñeiro/a de Funcións Facultativas |
EC |
S. X. de Recursos Minerais |
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recusos Naturais |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
