DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 16 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2023/406-1, no concello de Mazaricos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B-14 e 9L67J071//123-B-14-15 e instalación dun RC na LMTA POT803, no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/406-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 16 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/406-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B-14 e 9L67J071//123-B-14-15 e instalación dun RC na LMTA POT803.

Concello: Mazaricos.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Campo do Cubo

15046A008000420000AX

Descoñecida

7.11.2025

11.15

2

Antre os Xistos

15046A008000550000AB

Víctor Vieites Albite

7.11.2025

11.20