Advertida a necesidade de engadir novos postos ao acto de elección inicialmente convocado, co fin de garantir que todas as persoas aspirantes nos procesos selectivos convocados para o ingreso no subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de minas, poidan obter unha praza correspondente ao seu subgrupo,
DISPONSE:
Primeiro. Engadir prazas ao anexo II publicado na Resolución do 29 de setembro de 2025.
Segundo. Os prazos para a elección de destino serán os establecidos na Resolución do 29 de setembro de 2025.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO II (engadido)
Prazas ofertadas
Especialidades de enxeñaría de minas (subgrupo A1) e de enxeñaría técnica de minas (subgrupo A2).
|
Nº |
Código |
Nome |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Adscr. |
Nivel |
|
12 |
EIC991000036001107 |
Xefatura Sección Minas |
Ec |
Xefatura Territorial de Pontevedra |
Servizos periféricos |
Pontevedra |
A1-A2 |
25 |
|
13 |
EIC991000027001080 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
Ec |
Xefatura Territorial de Lugo |
Servizos periféricos |
Lugo |
A1 |
26 |
|
14 |
MAC030000115770076 |
Enxeñeiro/a de funcións facultativas |
Ma |
S. X. de Enerxías Renovables |
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático |
Santiago de Compostela |
A1 |
26 |
