DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 2 de outubro de 2025 Páx. 52165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 19 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto campamento de turismo Cámping Baroña, no concello de Porto do Son (A Coruña). Clave do expediente 2024/0269.

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 18 de setembro de 2025 do proxecto Campamento de turismo «Cámping Baroña», no concello de Porto do Son (A Coruña), promovido por Camping Castro de Baroña, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade