De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar en tempo e forma efectuar as notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou as súas persoas representantes debidamente acreditadas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou a súas representantes debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Discapacidade do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación da dita resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.
A Coruña, 4 de setembro de 2025
María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Procedemento BS611A Expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
2024/13419-1 |
49199904Y |
Resolución desestimatoria da reclamación |
21.7.2025 |
|
2023/1168-2 |
X9840391W |
Resolución desestimatoria da reclamación |
10.7.2025 |
|
2023/4562-1 |
46897253T |
Resolución desestimatoria da reclamación |
9.7.2025 |
|
2023/2440-1 |
15871299B |
Resolución desestimatoria da reclamación |
10.7.2025 |
|
2025/0361-1 |
71879796N |
Resolución desestimatoria da reclamación |
21.7.2025 |
|
2024/3326-1 |
33754049P |
Resolución desestimatoria da reclamación |
24.7.2025 |
|
2024/0261-1 |
32286144D |
Resolución desestimatoria da reclamación |
21.7.2025 |
