De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas interesadas referidas no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, os actos administrativos emitidos no expediente referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro dos actos administrativos emprázanse as persoas interesadas por si ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense, na rúa Sáez Díez, núm. 39, baixo (Ourense), de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que o acto de resolución poderá ser impugnado ante o Xulgado de Primeira Instancia desta cidade que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, efectuada por comparecencia, sen necesidade de presentación de reclamación administrativa previa ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo o artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Advírtese que de non atender o acto de citación, efectuada a súa notificación por comparecencia, decaerá do dereito ao trámite.
Ourense, 11 de setembro de 2025
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 2018/2-32.
Persoas interesadas: 44450008R e Y0445003J.
Actos que se notifican:
– Resolucións administrativas de establecemento urxente de medida administrativa do 12 de xuño de 2025.
– Citacións para apertura do trámite de audiencia do 25 de xuño de 2025 e do 30 de xullo de 2025.
