Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento da LMT TRO716, CT e CS, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberá comparecer as persoas propietarias o titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 17 de setembro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/031-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Soterramento da LMT TRO716, CT e CS.
Concello: Vigo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
6380203NG2768S0001WB |
Est. Madroa |
Descoñecido |
31 de outubro de 2025 |
12.00 |
