DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 2 de outubro de 2025 Páx. 52178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunican a data do depósito previo á ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación forzosa nos concellos da Pobra de Trives, Larouco, Petín, A Rúa e Quiroga (expediente IN407A 2024/137-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 132 kV DC Regueiro-A Rúa e Os Peares-Carballeda, situada nos concellos da Pobra de Trives, Larouco, Petín, A Rúa e Quiroga.

Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que consideran a servidume imposta e alegarán o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.

Ourense, 18 de setembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2024/137-3.

Instalación: LAT 132 kV DC Regueiro-A Rúa e Os Peares-Carballeda.

Concellos: A Pobra de Trives, Larouco, Petín, A Rúa e Quiroga.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do depósito previo

1

Modorrón

32064A023008520000JX

Descoñecido/a

10 de setembro de 2025