O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 23 de setembro de 2025, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 1478/2025, exposta pola Sección Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario núm. 15145/2024, en relación co artigo 15.seis do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, e de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) LOTC, reservar para si o coñecemento desta cuestión.
De conformidade co establecido no artigo 37.2 LOTC, quen sexa parte no procedemento ordinario núm. 15145/2024 poderá comparecer ante este tribunal dentro dos quince días seguintes ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.
Madrid, 23 de setembro de 2025
P.S.
Carlos Enrique Gutiérrez Lucas
Secretario de xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional
