De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica nos expedientes de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.
Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar os expedientes e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén o ofrecemento dun prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que as persoas demandantes teñan o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia da persoa interesada, se é o caso.
Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.
Pontevedra, 19 de setembro de 2025
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Estrada |
|
RD/PO-099/2024 |
Lourdes Melisa Osorio González |
Resolución do expediente |
PO-534 (Lalín-Folgoso) |
|
RD/PO-106/2024 |
Juan Carlos Fornos Martínez |
Resolución do expediente |
AG-46 (Rande-Cangas) |
