De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0026/2025-PPM e cinco máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.
A Coruña, 19 de setembro de 2025
Mª José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/NIF |
Acto que se notifica |
|
PSC-CO-0026/2025-PPM |
44814133J |
Resolución |
|
PSC-CO-0110/2025-PPM |
46914689W |
Resolución |
|
PSC-CO-0150/2025-PPM |
44843915X |
Resolución |
|
PSC-CO-0265/2025-V |
47353688T |
Resolución |
|
PSC-CO-0277/2025-COP |
79315171Q |
Resolución |
|
PSC-CO-0346/2025-PRE |
76341421M |
Resolución |
