Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntrase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta durante o tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte das persoas destinatarias ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no TEU do BOE. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará a resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar a persoa solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.
Ourense, 19 de setembro de 2025
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/equivalente |
|
PR204A 2025/3043-3 |
34297435L |
|
PR204A 2025/3084-3 |
44448695E |
|
PR204A 2025/3477-3 |
45148645J |
