DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 26 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2025/0278-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírtese que, de non interpoñeren o recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– As sancións notificadas antes do día 15 de cada mes aboaranse antes do día 20 do mes seguinte á notificación.

– As sancións notificadas despois do día 15 de cada mes aboaranse antes do día 5 do segundo mes seguinte á notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 26 de setembro de 2025

Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Acta Inf. núm.

Empresa

Concello

Materia

Data resolución

RL 2025/0278-1

I152025000054747

María Cristina Martínez Garda

Culleredo

Relacións laborais

18.9.2025

RL 2025/0370-1

I152025000047471

Roberto Villadóniga Caneiro

San Sadurniño

Relacións laborais

18.9.2025