DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 23 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador ANI-PO-0042/2025 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 23 de setembro de 2025

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

ANI-PO-0042/2025

53186267D

Incoación

Polo director territorial

ANI-PO-0058/2025

35241575D

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0102/2025

44088617D

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0105/2025

39457424G

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0112/2025

44079811N

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0113/2025

53193553G

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0114/2025

35228041E

Incoación

Polo director territorial

ANP-PO-0117/2025

77418308D

Incoación

Polo director territorial