DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 12 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Bande (expediente IN407A 2025/064-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: Cambio de sección CCH802 LAC-30 a LA-56.

Situación: entre as localidades de Martiñán e Pereira, concello de Bande.

Características principais recollidas no proxecto:

1. Substitución do transformador existente denominado Pereira-32AW46 por un novo centro transformador do tipo intemperie, sobre apoio de celosía metálica, do tipo C-12/2000, con transformador de 50 kVAs e R/T: 20.000/400 V.

2. Substitución de 3.294 metros de condutor LA-30 por 3.292 metros de novo condutor LA-56 entre os apoios núm. 138 e núm. 138-B31-CT da LMTA CCH802. Para iso, substituiranse 31 apoios existentes por 28 novos apoios metálicos coas características indicadas no proxecto presentado a trámite.

3. Nas derivacións da LMTA para reformar realizaranse as seguintes actuacións:

3.i. Derivación ao CT 32AG02: substituirase o apoio núm. 138-B8-1, do tipo HV, por un novo apoio de celosía metálica do tipo C-14/2000.

3.ii. Derivación ao CT 32CGJ4: instalarase un novo apoio núm. 138-B13, do tipo C-16/2000.

3.iii. Derivación ao CT 32AG61: desmontaranse 12 m de condutor LA-30 entre o apoio núm. 138-B20 e o novo apoio núm. 138-B20-1A, do tipo C-12/2000. Sobre este último retensarase o condutor existente LA-30 da derivación. Entroncarase coa liña principal a través de 13 m de novo condutor do tipo LA-56, entre os apoios mencionados.

3.iv. Derivación do apoio núm. 138-B26: substituirase o apoio núm. 138-B26 por un novo apoio do tipo C-18/2000.

3.v. Derivación do apoio núm. 138-B28: instalarase un novo apoio do tipo C-14/2000.

3.vi. Derivación do apoio núm. 138-B29: instalarase un novo apoio do tipo C-14/3000.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 8.8.2025.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1-3º, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 12 de setembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2025/064-3.

Termo municipal: Bande.

Denominación da instalación: Cambio de sección CCH802 LAC-30 a LA-56.

Predios

Propietarios/as

Referencia catastral

Afectación apoio

Lugar

Cultivo

Sup. ocupada (m2)

1

Val Bande

Monte baixo

José Manuel Garrido

32007B501001320000GL

138-B2

2

4

Xanxau

Monte baixo

Descoñecido

32007B501000460000GX

138-B5

2

5

Bouzoas

Monte baixo

Descoñecido

32007A100011120000IZ

138-B6

2

6

Moa Bande

Monte baixo

Descoñecido

32007A100012150000IY

138-B7

2

7

Carballo

Monte baixo

Descoñecido

32007A100011760000IZ

138-B8

2

8

Gordoliño

Monte baixo

Descoñecido

32007A100011490000IB

138-B9

2

9

Carreira

Monte baixo

Descoñecido

32007A099001380000XA

138-B10

2

10

Portela

Monte baixo-monte alto

CMVMC de Recarei

32007A098004680000XD

138-B11

138-B12

138-B13

138-B14

138-B15

138-B16

12

14

Carballa

Prado

José González

32007A096003180000XO

138-B21

2

15

Fonte

Monte baixo

Julio Pérez Domínguez

32007A096003480000XF

138-B22

2

18

Eiroa

Monte baixo

Descoñecido

32007A096004070000XP

138-B25

2

19

Ponte Nova

Monte baixo

Descoñecido

32007A095007840000XQ

138-B26

2

20

Froxa

Prado

Descoñecido

32007A095001950000XE

138-B27

2

22

Veiga

Labradío

Descoñecido

32007A095001470000XT

138-B29

2

24

Carballo

Monte baixo

Descoñecido

32007A100011780000IH

138-B8-1

2