DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 15 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Curtis (expediente IN407A 2024/037-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol en LMT CES703 en AWQW6F42//50-1, no concello de Curtis (expediente IN407A 2024/037-1), por Resolución deste departamento territorial, do 23 de xullo de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo en avenida de Arteixo, 171, 15008, A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 11 de novembro de 2025 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios, que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Curtis, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 22.7.2024, no Boletín Oficial de la provincia do 4.7.2024 e no xornal La Voz de Galicia do 22.7.2024, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os previos propostos como afectadas, ás que se lles efectuará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 15 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña