Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 189, do 1 de outubro de 2025, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer a seguinte corrección:
No sumario, nas páxinas 51794 e 51832, onde di: «Resolución do 17 de setembro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal laboral desta entidade para o exercicio 2025», debe dicir: «Resolución do 22 de setembro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal laboral desta entidade para o exercicio de 2025».
No pé de sinatura, na páxina 51832, onde di: «Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025», debe dicir: «Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025».
