DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 7 de outubro de 2025 Páx. 52712

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 3 de outubro de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp
no segundo cuadrimestre do ano 2025

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e do desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías do seu corpo de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Oleiros.

2.5.2025

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e do desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías do seu corpo de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Silleda.

4.6.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Porto do Son.

18.6.2025

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ares.

25.6.2025

Sen achega económica

Addenda ao convenio para a sunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Cee.

30.6.2025

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Moaña.

4.8.2025

Sen achega económica