Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 11 de setembro de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 652-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 262,64 m2.
Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).
Remate da vixencia: 12.7.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: María Victoria Martínez Torres (***5143**).
Novos titulares: Ana María Torres Bemposta (***6053**) e Benito Álvarez González (***4598**).
Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 11 de setembro de 2025
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
