DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 52959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a resolución pola que se declara a convalidación da declaración de impacto ambiental do proxecto Parque Eólico Serra da Fracha, nos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra (Pontevedra) (expediente 2024/0079).

De conformidade co artigo 52 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de octubro), faise pública a resolución pola que se declara a convalidación da declaración de impacto ambiental do 24 de maio de 2024 do proxecto Parque Eólico Serra da Fracha, nos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra (Pontevedra), promovido por Santa Teresa, S.L.U.

A dita resolución poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, e da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade