DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 52863

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 24 de setembro de 2025 pola que se modifica a autorización, por cambio da súa denominación específica, do centro de educación especial privado Aspanaes-Duques de Lugo, de Santiago de Compostela.

A representación da titularidade do centro de educación especial privado (CEEPR) Aspanaes-Duques de Lugo solicita o cambio da denominación específica do centro.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización por cambio da denominación específica do (CEEPR) Aspanaes-Duques de Lugo, como se sinala a seguir:

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Código: 15025347.

Denominación específica actual: Aspanaes-Duques de Lugo.

Nova denominación específica: Aspanaes Elvira Lista.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Revisión da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional