O 20 de agosto de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 159, a Orde do 1 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI461B).
En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicaranse no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.
Así o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI461B), que figuran no anexo.
Segundo. Esta convocatoria está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ESO4.8: fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos, e medida 2.H.01: apoio á inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero.
O importe total concedido ascende á cantidade de 597.960,99 euros, con cargo á aplicación 38.06.313D.480.2 (código de proxecto 2023 00097).
Terceiro. A finalidade comprende o fomento da contratación, por parte de entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade
P.D. (Artigo 19 da Orde do 1.8.2024; DOG núm. 159, do 20 de agosto)
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
ANEXO
|
Nº expediente |
Entidade beneficiaria |
NIF |
Importe da subvención € |
|
SI461B 2024-1 |
Asociación Vecinal Gutier Menéndez |
G32503971 |
32.417,64 |
|
SI461B 2024 -2 |
Asociación Limisi |
G32302671 |
44.713,92 |
|
SI461B 2024-3 |
Asociación Síndrome de Down Lugo |
G27022043 |
29.255,64 |
|
SI461B 2024-4 |
Fundación Érguete-Integración |
G36861078 |
35.491,71 |
|
SI461B 2024-5 |
Asociación Banda Xuvenil de Xinzo |
G36034148 |
29.255,64 |
|
SI461B 2024-6 |
Asociación Síndrome de Down Ferrol |
G15458060 |
51.293,28 |
|
SI461B 2024-7 |
Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) |
G32237869 |
11.178,48 |
|
SI461B 2024-8 |
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) |
G32115941 |
51.293,28 |
|
SI461B 2024-9 |
Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual (Aspas) |
G15031537 |
44.713,92 |
|
SI461B 2024-10 |
Asociación Alar Galicia Proxectos de Inserción |
G15775901 |
61.673,28 |
|
SI461B 2024-11 |
Asociación Saúde Mental A Mariña |
G27262799 |
44.713,92 |
|
SI461B 2024-12 |
Cruz Roja Española |
Q2866001G |
48.003,60 |
|
SI461B 2024-13 |
Asociación de Caridade Santiago Apóstol |
G36204931 |
25.646,64 |
|
SI461B 2024-14 |
Congregación Hijas del Divino Celo Rogacionistas |
R0800037D |
44.713,92 |
|
SI461B 2024-15 |
Asociación de Bulímicos e Anoréxicos da Coruña |
G15582695 |
32.417,64 |
|
SI461B 2024-16 |
Asociación Aliad Ultreia |
G27021120 |
11.178,48 |
