DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 8 de outubro de 2025 Páx. 53014

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da UA 46 (expediente 22/2018.PERI).

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria que tivo lugar o xoves 28 de agosto de 2025, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da UA 46-expediente 22/2018.PERI.

Constan no certificado do Pleno os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior no ámbito da unidade de actuación 46 (22/2018.PERI), non previsto nas NN.SS; asinado polo arquitecto inscrito no COAG nº 2.523, José Antonio Martínez Lema en xuño de 2025 e con entrada no Rexistro Xeral do Concello o 25.6.2025 (202599900005825).

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto coa publicación deste acordo, publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico ben que figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e anexar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás que xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva do acordo, publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e poderá consultarse a documentación íntegra na seguinte ligazón: https://sede.arteixo.org/sxc/gl/informacion/

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Arteixo, 9 de setembro de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo