Mediante a Resolución do 8 de xullo de 2025 anunciouse, segundo o previsto na base II.1.2.6 da convocatoria, a realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica.
De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio consistiu no desenvolvemento por escrito de dous (2) temas, para elixir entre cinco (5) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran no programa correspondente á especialidade a que se opte.
En virtude do previsto nas citadas bases, por acordo deste tribunal do 3 de setembro de 2025, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación do exercicio.
O exercicio cualificouse de 0 a 30 puntos e para superalo foi necesario obter un mínimo de quince (15) puntos.
Na sesión que tivo lugar o 1 de outubro de 2025, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado mediante a Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro).
ACORDOU:
Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron o 17 de setembro de 2025 ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade coa base II.1.1.3, respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
