BDNS (Identif.): 861213.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/861213
Primeiro. Entidades beneficiarias
Asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria e/ou segundo ciclo de educación infantil (código de procedemento ED601A).
Segundo. Obxecto
Axudas económicas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios.
As axudas económicas irán destinadas a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 1 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2024/25, publicadas no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Contía
Importe total da convocatoria: 1.600.000 €.
|
Tipo de actuación |
Orzamento |
|
Axudas destinadas á xestión do servizo de comedor |
1.600.000 € |
Contía das axudas: ata un máximo do 100 % do gasto xustificado pola prestación do servizo de comedor do centro escolar correspondente.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase transcorridos 8 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG e será dun mes. A sede electrónica para a presentación de solicitudes permanecerá aberta desde as 8.00 horas do inicio do prazo ata as 20.00 horas do último día en que remata o prazo.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades
e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
