Convócase un concurso público para a cobertura dunha praza de facultativo/a veterinario/a no Servizo de Diagnóstico por Imaxe do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, dependente da Fundación Rof Codina. As bases están dispoñibles en www.rofcodina.org
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.
Lugo, 18 de setembro de 2025
Javier Ferreira Fernández
Xerente da Fundación Rof Codina
