DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 9 de outubro de 2025 Páx. 53152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO da orde de execución de limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia dun expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, por resultar infrutuoso o intento de notificación, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición do interesado no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado/a

Referencia catastral

Superficie afectada pola franxa de 50 metros ao redor da edificación illada destinada a persoas a menos de 400 m do monte

Gestiona 1228/2025

J.G.G.

36036A015001040000QD

596,88 m2

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 18 de setembro de 2025

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa