DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varias persoas interesadas unha serie de trámites de audiencia en relación cos recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Catoira (Catoira-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 26 de setembro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

R50

52193261M

Trámite de audiencia

R50

35457454X

Trámite de audiencia

R101

José Miguéns García

Trámite de audiencia

R101

3431680L

Trámite de audiencia

R262

35326325G

Trámite de audiencia

R273/R471

76851701F e 35409229Q

Trámite de audiencia

R273

L3610985P

Trámite de audiencia

R282

52461043K

Trámite de audiencia

R282

35405895V

Trámite de audiencia

R282

76835459A

Trámite de audiencia

R282

35325417Q

Trámite de audiencia