DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53301

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas dos procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario/a de carreira, en prazas incluídas na oferta de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 216, do 19 de setembro de 2025, publícase a convocatoria e bases específicas, que regulan os procesos selectivos para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025, que a seguir se sinalan:

– Sete prazas de ATS-DUE, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios, grupo A-subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

– Catro prazas de fisioterapeuta, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios, grupo A-subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.

Lugo, 19 de setembro de 2025

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 25.6.2025)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo