Mediante a Resolución da Alcaldía número 2025005014, do 6 de outubro de 2025, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle da parcela C do Plan parcial SUD-5 Icaria IV (documento NRE 2025013397, do 18 de xuño).
De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do Concello www.oleiros.org, na Sección de Urbanismo, trámites de información pública, durante o prazo dun mes, para presentar as alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 7 de outubro de 2025
Ángel García Seoane
Alcalde presidente
