En sesión que tivo lugar o 29 de setembro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de outubro de 2024 (DOG núm. 208, do 28 de outubro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de recursos naturais e forestais, especialidade de oficial, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar a dita relación á titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas aspirantes que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
ANEXO I
Promoción interna
|
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota |
|
***2671** |
Lamas Fariñas, María del Carmen |
Promoción interna |
63,95 |
|
***9007** |
Iglesias Sánchez, Xosé Anxo |
Promoción interna |
56,87 |
ANEXO II
Acceso libre
|
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota |
|
***3693** |
Filgueiras Méndez, Alejandro |
Libre |
64,63 |
|
***6888** |
Lamelas Saa, Miguel |
Libre |
64,14 |
|
***9980** |
González Portela, Manuel |
Libre |
63,90 |
|
***4234** |
Purriños Rodríguez, Miguel |
Libre |
63,41 |
|
***2949** |
Rodríguez Boán, Sergio |
Libre |
63,17 |
|
***5925** |
Lorenzo Villaverde, Ángela |
Libre |
61,95 |
|
***9067** |
Miguélez Batán, Luis Antonio |
Libre |
61,70 |
|
***3049** |
Domínguez Paredes, María del Mar |
Libre |
61,46 |
|
***7201** |
Mallo Sánchez, Pablo Manuel |
Libre |
60,97 |
|
***9471** |
Martínez Blanco, Juan Manuel |
Libre |
60,97 |
|
***6916** |
González González, Diego |
Libre |
60,73 |
|
***7186** |
Álvarez García, Lino |
Libre |
60,24 |
|
***3655** |
Arca Eiroa, Marcos |
Libre |
60,24 |
|
***6347** |
Vázquez Liste, Héctor |
Base I.1.1 |
52,92 |
