DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53442

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vigo (expediente DH.A36.106718).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Benteler Automotive Vigo, S.L.

Expediente: DH.A36.106718.

Volume total anual: 29.000 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,87 l/s.

Destino: uso industrial.

Orixe: dúas captacións M1 e M2.

M1 na parcela 929, polígono 200 do catastro de Vigo.

M2 na referencia catastral 4094702NG2649S0001BQ.

Lugar: O Portal.

Parroquia: Valadares.

Concello: Vigo.

Descrición:

A auga cáptase en arquetas de aros de formigón e bombéase a alxibe de 600 m³ na parcela 4094702NG2649S0001BQ desde o que se distribúe aos puntos de consumo na fábrica existente nesa mesma parcela.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do Portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 6 de xuño de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur