A Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Terceira, polo que solicita o emprazamento de cantos/as aparezan como interesados/as no recurso contencioso-administrativo PO 7253/2025, interposto por Tuimil, S.L. contra a desestimación presunta por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 12 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, ditada no procedemento de extinción de oficio de autorizacións de instalación e localización de máquinas auxiliares de apostas e máquinas de xogo tipo B (DOG núm. 36, do 21 de febreiro).
En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro
da Consellería de Facenda e Administración Pública
