DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53780

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se autorizan centros educativos para impartiren o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach) para o curso 2025/26.

De conformidade co establecido no número 15 da Resolución desta dirección xeral, do 31 de marzo de 2025, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2025/26, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar os centros que se relacionan no anexo desta resolución para impartir o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach).

Segundo. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO

Pluribach
Listaxe definitiva de centros admitidos 2025/26

Código de solicitude

Código do centro

Nome centro

Etapas autorizadas

15026121

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Bacharelato

Francés