DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 22 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Oroso (expediente IN407A 2024/123-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol en LMT SI802 en AI8O5RM3//49-55-16, no concello de Oroso (expediente IN407A 2024/123-1), por Resolución deste departamento territorial, do 4 de xullo de 2025, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e co 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 21 de novembro de 2025 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Oroso, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 6 de xuño de 2024, no BOP do 22 de maio e no xornal La Voz de Galicia do 29 de maio, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual sinalándolles os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 22 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña