DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 2025 Páx. 54088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 24 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Antas de Ulla (expediente IN407A 2025/18 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: Regulamentación LMTA Pal806 en tramo entre os apoios número 42-186 e número 42-186-7.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución do apoio número 42-186-1 de madeira por un de celosía metálica tipo C-14/2000.

– Substitución do apoio número 42-186-3 de madeira por un de celosía metálica tipo C-14/1000.

– Substitución do apoio número 42-186-6 de formigón por un de celosía metálica tipo C-14/2000.

– Desmantelamento dos apoios número 42-186-2, 42-186-4 e 42-186-5 de madeira existentes.

– Substitución do condutor entre os apoios número 42-186 e o número 42-186-7 por novo condutor LA-56, con unha lonxitude total de 304 metros.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que xulguen oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (ronda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal, ou no teléfono 982 29 46 76), así como no concello de Antas de Ulla. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/antas-de-ulla

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Lugo, 24 de setembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Regulamentación LMTA Pal806
en tramo entre os apoios número 42-186 e número 42-186-7

Concello: Antas de Ulla.

Expediente: IN407A 2025/18 ATE.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Titular

Apoio (nº)

Apoio superficie

ocupación permanente (m²)

Afeccións voo (ml)

Afeccións voo (m²)

1

77

876

Farelo

Monte baixo

CMVMC Farelo

42-186-1

42-186-2

4

158.0

2.423.0

6

78

377

Revolta

Monte alto

Descoñecido

41.0