De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de alegacións ou, de conformidade co previsto no artigo 85 da mencionada lei, a solicitude das reducións previstas, no expediente sancionador por infracción na orde social, porque intentada a notificación por vía electrónica ou mediante o servizo de Correos, esta non se puido efectuar.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para formular as alegacións que enuncia o artigo 17.1 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, ou solicitar as reducións pertinentes.
O expediente relacionado encóntranse á disposición da interesada no Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social do citado Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, sito na rolda da Muralla, núm. 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Lugo, 2 de outubro de 2025
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: 2024/49 (acta: I272024000001339).
Data do trámite de alegacións: 18 de setembro de 2025.
Empresa: Lupu, Alexandre.
Enderezo: rúa da Feira, núm. 79, 1º, 27120 Castroverde (Lugo).
