DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 2025 Páx. 54101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de setembro de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Vilaboa (expediente DH.V36.103818).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Hormigones Valle Miñor, S.A.

NIF: A-36.623.510.

Expediente: DH.V36.103818.

Lugar: Carballoso.

Parroquia: Vilaboa.

Concello: Vilaboa.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual 1: 3.668,94 m3/ano.

Punto de vertedura 1: X=529.686; Y=4.688.928.

Medio receptor 1: rego de Villil (bacía da ría de Vigo).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona de provisión son tratadas na balsa de decantación núm. 1, antes da súa vertedura conxunta co efluente da balsa de decantación núm. 2, acadando por gravidade a cuneta da estrada, pola que discorren ata incorporarse ao rego de Villil.

Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual 2: 2.363,75 m3/ano.

Punto de vertedura 2: X=529.686; Y=4.688.928.

Medio receptor 2: rego de Villil (bacía da ría de Vigo).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona de produción son tratadas na balsa de decantación núm. 2, antes da súa vertedura conxunta co efluente da balsa de decantación núm. 1, acadando por gravidade a cuneta da estrada, pola que discorren ata incorporarse ao rego de Villil.

Tipo de vertedura 3: augas residuais fecais depuradas.

Caudal máximo anual 3: 33,6 m3/ano.

Punto de vertedura 3: X=529.593; Y=4.689.287.

Medio receptor 3: infiltración no terreo (bacía da ría de Vigo).

Tratamento/evacuación 3:

As augas residuais fecais xeradas nas instalacións son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión deseñada para 10 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante unha gabia filtrante.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras