DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 2025 Páx. 54241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de outubro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento LMT TRO716, CT e CS, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento LMT TRO716, CT e CS, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/ NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 2 de outubro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/031-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Soterramento LMT TRO716, CT e CS.

Concello: Vigo.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

2

54057A002004490000AA

Pugariño

Manuel Quinzán Pardo

31 de outubro de 2025

12.00