Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Novo apoio na LMTA SDM7012699, que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria, no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que coiden oportunas, empregando os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración e, así mesmo, achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.
Vigo, 2 de outubro de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/498-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Novo apoio na LMTA SDM7012699.
Concello: Vigo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
|
1 |
54057A097002990000AR |
Descoñecido |
