DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54343

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 22 de novembro), pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o 8 de outubro de 2025, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto nas bases II.2 e II.5 da convocatoria.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Segundo. De acordo co establecido na base II.5 da convocatoria, as persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través da canle do emprego público de Galicia (FIDES) na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso selectivo a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», «presentación de alegacións».

Terceiro. Sen prexuízo do cumprimento do disposto no punto terceiro da Resolución do 20 de agosto de 2025 (DOG núm. 167, do 1 de setembro), as persoas aspirantes baremadas deberán ter en conta que a forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2025

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal