Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar ...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Seiruga, no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2023/400-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: IN407A 2023/400-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Seiruga.
Concello: Malpica de Bergantiños.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
|
18 |
Campelo |
Parcela: 646 Polígono: 19 |
Herdeiros de Dolores Aldao Varela |
26.8.2025 |
