Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse os titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA TRI804 no tramo entre os apoios núms. 63 e 64-4, situada no concello de Chandrexa de Queixa.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación no taboleiro de edictos único do BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e poderán alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 6 de outubro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2024/64-3.
Instalación: Regulamentación LMTA TRI804 no tramo entre os apoios núms. 63 e 64-4.
Concello: Chandrexa de Queixa.
Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Data do depósito previo |
|
3 |
Gándara |
32030A032007350000OO |
Herdeiros de Montserrat Rodríguez |
3 de outubro de 2025 |
