DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54485

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da delegación de competencias do Concello de Miño sobre a recadación da taxa por entrada de vehículos.

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 12 de setembro de 2025, adoptou o seguinte acordo:

«26. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Miño sobre a recadación da taxa por entrada de vehículos.

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Miño en relación coa seguinte materia:

Recadación voluntaria e executiva da taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e por reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

A Coruña, 22 de setembro de 2025

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución número 32898, do 29.8.2023
José Ramón Rioboo Castro
Deputado da Deputación Provincial da Coruña

Miguel Iglesias Martínez
Secretario xeral da Deputación Provincial da Coruña