DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 2025 Páx. 54365

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 8 de outubro de 2025 polo que se lle dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca un concurso público dunha praza de profesorado permanente laboral pola quenda de reserva para persoas con discapacidade.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 7 de novembro de 2024, esta Reitoría fai público que pola Resolución do 8 de outubro de 2025 se convoca un concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na seguinte categoría:

– Profesor/a permanente laboral: 1 praza.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de outubro de 2025

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución reitoral do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado