No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, tramítase o recurso 189/2025 (procedemento abreviado), interposto por Noelia Felpeto Vilaboy, contra a desestimación, por silencio administrativo, do recurso de reposición presentado fronte á Resolución do 11 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario diplomado sanitario e persoal sanitario de formación profesional, convocados mediante a Resolución do 26 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 243, do 18 de decembro de 2024), na categoría de técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2025
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
