O Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), na sesión do 9 de outubro de 2025, aprobou as bases reguladoras para a contratación dun/unha técnico/a de contratación.
As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, ou pódense descargar directamente da páxina www.tussa.org, na epígrafe convocatorias.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025
José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA)
